Visita de Loli Beloso

O pasado xoves, día 20 de agosto, recibimos no instituto á señora Loli Beloso, quen mantivo un encontro co alumnado do nivel Secundario da institución.

Durante a súa exposición, os mozos e mozas puideron afondar nos traballos divulgadores que a conferenciante desenvolve para achegar os máis novos ao labor desenvolvido portranscendentes figuras do patrimonio cultural galego.

Nesta ocasión, presentounos dous libros; un sobre Isaac Díaz Pardo, que xa vai pola segunda edición, e outro sobre o extraordinario artista galego-arxentino, Luís Seoane.

Cómpre subliñar que os beneficios que reporta a venda deste material bibliográfico van destinados integramente a unha asociación que loita contra o cancro.

Galería de fotos