Visita da Asociación Amigos do Camiño de Santiago en Arxentina

20220614_093408

Grazas á xestión realizada polo profesor Marcos Godino, o pasado martes, día 14 deste mes, visitounos Rosa Ana Ester Montano, presidenta da Asociación Amigos do Camiño de Santiago en Arxentina, para manter un encontro co alumnado de 5.º curso de secundaria.

 

Acompañada polo señor Fernando Lorences Barcia, a señora Montano realizou un percorrido pola historia dos diferentes itinerarios xacobeos, mostrou imaxes de diferentes puntos xeográficos polos que discorren ditas rutas e respondeu as preguntas dos/as estudantes, que recibiron un presente e puideron retratarse coas vestimentas típicas dos peregrinos.

Galería de fotos