Visita da lexisladora da Cidade, Cecilia Ferrero
Na mañá de hoxe recibimos a visita da lexisladora da Cidade Autónoma de Buenos Aires, Cecilia Ferrero.
Durante a reunión que mantivo coa Delegación arxentina da Fundación Galicia América coñeceu os traballos que realiza o noso centro educativo na defensa e promoción dunha educación de calidade adaptada ás novas realidades que impón este século.
A lexisladora, que se mostrou compracida polo encontro, ofreceuse a colaborar co Instituto Santiago Apóstolo en diferentes cuestións, entregou varios exemplares do libro “Buenos Aires, ciudad migrante” para as bibliotecas da institución, asinou o libro de visitas e percorreu algunhas aulas do nivel inicial.
Grazas, lexisladora, pola súa visita e amabilidade.