Visita de Berta Dávila

20220512_112341

Grazas á mediación do Consello da Cultura Galega, recibimos hoxe a visita de Berta Dávila, unha das máis importantes poetas e narradoras de Galicia, quen atesoura importantes recoñecementos a nivel galego e estatal. A autora santiaguesa visita a nosa cidade para participar mañá, venres, nun encontro de narradores en linguas oficiais de España na Feira Internacional do Libro.

 

Durante a súa estadía connosco mantivo un encontro co presidente e tesoureiro da Delegación arxentina da Fundación Galicia América, Manuel Peleteiro Pérez e Arturo Pérez Domínguez, respectivamente. Nesa reunión puido coñecer o traballo pedagóxico que desenvolve o Instituto Santiago Apóstolo, os seus alicerces fundacionais e os horizontes de futuro que está deseñando.

 

Posteriormente, na Sala Luís Seoane falou perante o alumnado de 4.º e 5.º curso de bacharelato da nosa institución e respondeu as numerosas preguntas que os mozos e mozas lle formularon.

Grazas, Berta, polo teu interese en vir vernos.

Galería de fotos