Visita ao Centro Partido do Carballiño
O alumnado pertencente ao grupo de Bailes Tradicionais Galegos da nosa escola que dirixe a profesora Mari Patiño participou nos actos organizados con motivo do 100.º aniversario do Centro Partido do Carballiño de Bos Aires.
Durante a visita á centenaria institución, máis aló de bailar para o público presente, percorreron diferentes espazos, xogaron ao aire libre e puideron compartir un rico xantar logo de presenciar unha explicación da correcta preparación do polbo á feira.
Parabéns aos organizadores e grazas por ternos presentes.