Secundaria: Saída didáctica ao Museo do Holocausto de Buenos Aires
O pasado luns, 13 de xuño, o alumnado de 4.º curso do nivel secundario realizou unha saída didáctica ao Museo do Holocausto de Buenos Aires.
Acompañados polo profesor e titor do curso, Claudio Griguol, visitaron un museo renovado que percorreron en compañía dunha guía especializada.