Salas de 4 e 5 anos. Inicio do ciclo lectivo

Comezou o ciclo lectivo 2018 para as salas de 4 e 5 anos de nivel Inicial. Xunto ao noso alumnado, as familias e docentes asistiron ao acto coa presenza dos abandeirados do nivel. Os himnos de Arxentina, España e Galicia enmarcaron o acto que foi acompañado polo alumnado e familias de 1.eiro grao do nivel Primario que se despediron así da súa formación no nivel Inicial. Logo das palabras da directora dos niveis Inicial e Primario, Julieta D´Angiolillo, e das da coordinadora do nivel Inicial, Daniela Maldonado, izouse a bandeira arxentina mentres soaba unha canción á bandeira con música e letra creada polo alumnado do noso instituto xunto á profesora Verónica Koufati. Neste primeiro día, as familias puideron acompañar ás salas de 4 e 5 e aos alumnos de 1.eiro grao ás súas respectivas aulas e espazos de ensino e aprendizaxe que ocuparán durante este ano.

Ver fotos aquí

Ver vídeo 1

Ver vídeo 2

Galería de fotos