Reunión do Padroado da Fundación Galicia América

No día de hoxe desenvolveuse en Santiago de Compostela a reunión do Padroado da Fundación Galicia América, entidade propietaria da nosa institución educativa.

 

Presidiu a xuntanza don Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e O. U. da Xunta de Galicia e acompañárono no encontro por parte do Goberno Galego o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. Da parte arxentina estiveron presentes Manuel Peleteiro Pérez, vicepresidente da fundación e representante legal do Instituto Santiago Apóstol; José María Vila Alén, presidente do Centro Galicia de Bos Aires e Alicia Liutvinas de la Fuente.

Galería de fotos