Primaria: primeiro de primaria e 1 de maio

home

Durante a última semana de abril, traballamos co alumnado de primeiro de primaria a través de diferentes vídeos explicativos e imaxes as diferentes profesións co obxectivo de afondar na razón pola que se conmemora o 1 de maio como o Día Internacional do Traballador e da Traballadora.

Ademais, os nenos e nenas pensaron diferentes cuestións para formularlles ás súas familias o luns 2 de maio, preguntas estas relacionadas co seu traballo e os seus dereitos laborais. Isto é, entre outras temáticas, a hora de entrada e saída, horario para xantar, vacacións e tempo de descanso.

Con esta actividade, coñeceron as diferentes profesións que teñen os/as proxenitores/as e incentivaron a motivación e curiosidade con cada unha das súas preguntas.

Galería de fotos