OS NENOS NOS MAIOS
O grupo de Música e Bailes Tradicionais da nosa escola, foi invitado un ano máis a participar no festexo que o Centro Lalín de Bos Aires organiza co gallo da festividade dos maios.
Os maios é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur; no norte son de destacar os que se celebran en Pontedeume e Viveiro. Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos; a data de celebración vai desde abril ata mediados de maio.
Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estrutura feita de varas e vimbios recubertos con fiúncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc… Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do maio.
Hoxe en día, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc…