OS NENOS NA XUNTANZA INFANTIL DE LALÍN

O pasado domingo, día 27 de agosto, o grupo de Música e Bailes tradicionais da nosa escola dirixido polas profesoras Marina Cordeiro, Fernanda Rioboo e Mª Ángeles Iglesias Conde, foi convidado –como vén acontecendo todos os anos– a participar na IV Xuntanza de Grupos Infantís organizado polo Centro Lalín de Bos Aires.
Nesta ocasión, interpretaron as pezas O Mazarico e Tocata de serán de Queimadelos, e, no apartado de baile, o alumnado demostrou o seu bo facer coas pezas Muiñeira da festa, Muiñeira de Oirós, Muiñeira da Limia e Muiñeira de Vilar.
A súa impecable actuación, aplaudida polo numeroso público asistente, recibiu multitude de eloxios e gabanzas.
Grazas ao Centro Lalín pola súa invitación e atencións para connosco.