Os estudos galegos na beira do Báltico
O pasado mércores, 1 de abril, o alumnado de 3.eiro, 4.º e 5.º cursos do nivel Secundario asistiu a unha conferencia titulada “Os estudos galegos na beira do Báltico” que impartiron os profesores do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Kiel (Alemaña) Antía Marante, Paola Blatter Chan, Anna Lammers e Facundo Reyna Muniain.
O funcionamento deste centro de estudos galegos, Rosalía de Castro vista dende unha mirada nórdica, a obra de Manuel Rivas en alemán e os concursos literarios do Centro Galego de Bos Aires foron as temáticas que abordaron os estudosos e que concitaron grande atención entre os rapaces e rapazas asistentes. Nesta ocasión, os mozos estiveron acompañados de varios integrantes do grupo O Terzo da Fala que nos honraron coa súa presenza.
Logo da entrega duns modestos presentes, os conferenciantes percorreron as instalacións do centro educativo e interiorizáronse das actividades que levamos adiante.