O presidente da Xunta de Galicia Regresa ao País

O presidente da Xunta de Galicia Regresa ao País

En marzo de 1994, o Excmo. Sr. Presidente da Xunta de Galicia, D. Manuel Fraga Iribarne, viaxa á Arxentina e visita a nosa entidade. Nuevamente, a Galicia Continental, a través do seu representante, demostra a este Centro o particular interese que ten nas obras de construción do Colexio “Santiago Apóstolo” coa firma dun convenio marco entre o Centro Galicia de Bos Aires e a Xunta de Galicia, o cal establece que:…(a Xunta de Galicia atentos) a que o Centro Galicia de Bos Aires está construíndo o primeiro colexio galego-arxentino na Galicia exterior, co fin de acrecentamento do proceso de conformación e conservación dunha identidade galego-arxentina por medio dunha educación bicultural modélica…”dispón: a)-Intercambio profesional nos sectores da educación, b)-fomentar a elaboración e o desenvolvemento dos proxectos conxuntos de práctica educativa e técnica co obxecto de potenciar a cultura e lingua galega, c)-Intercambio de persoal académico e d)-“Ambas institucións expoñen o interese recíproco de constituír e administrar en forma conxunta unha fundación galega-arxentina para o goberno e administración do centro educativo…”

A partir deste convenio, os esforzos do Centro Galicia de Bos Aires situáronse específicamente na creación desa Fundación, á vez que aplicaban maior énfasis na terminación da primeira etapa de construción do futuro Instituto “Santiago Apóstolo”, para a súa entrada en funcións no mediano prazo.

O gimnasio mini-estadio vestiuse de festa para aquela oportunidade, en marzo de 1994. A colectividad galega brindáballe un agasallo ao titular do executivo galego.

Á hora dos discursos, tanto o representante da comunidade en Bos Aires, como o Presidente da Xunta de Galicia, Avelino García Melle e Manuel Fraga Iribarne, respectivamente, resaltaron o inmenso labor despregado polo pobo galego para consumar obras de envergadura, xa sexa en Galicia Continental como no Exterior.

Destacábase sobre a cabecera de mesa principal unha lenda que rezaba: “Neste lugar estase construíndo o primeiro colexio arxentino-galego”·.