O milagre da Galeguidade

Non hai cousa máis grata para min que atoparme con galegos emigrados en calquera parte do mundo. A distancia da terra nativa une moito máis que calquera outra razón. Nós sabemos moito mellor que ninguén o que significa atoparnos cos nosos familiares e paisanos que están en Bos Aires, en Montevideo, en Caracas ou en calquera outro lugar de América. É ben certo que Galicia non termina onde acaba o seu territorio, senón que continúa moito máis alá, en calquera latitud, alí onde se atopan os seus fillos.

Desde moito antes de asimilar a miña responsabilidade á fronte do Goberno de Galicia, tratei de manter sempre un compromiso firme cos meus paisanos emigrados. Ao outorgarme o pobo galego, o de dentro e o de fóra, a súa confianza maioritaria impulsei ao máximo un achegamento e todo o apoio posible cara aos que engrandecieron a súa terra de nacemento a base de traballo e de abnegación, nuns tempos moi duros e difíciles para Galicia e para España enteira.

Os emigrantes entregáronnos todo sen pedir nunca nada a cambio. Eles levantaron en toda América, tamén en Europa e por España adiante, unhas institucións verdaderamente exemplares, que nos representan con honra e dignidade alí onde existe unha comunidade de galegos.

Un bo exemplo disto é o actual Centro Galicia de Bos Aires, que logo de encararse coa fusión dos catro centros provinciales nunha soa e máis forte institución, acometió o gran soño dos antepasados, a construción e posta en marcha dun Colexio que leva o nome do noso santo patrón; “Santiago Apóstolo”.

Todos temos unha débeda impagable cos homes e mulleres que viven lonxe da terra onde deixaron os seus seres máis queridos, pero que malia a distancia e das moitas dificultades que encerra toda diáspora, emprenderon sempre grandes empresas en beneficio dos que quedaban en Galicia, algunhas delas tan significativas como os propios símbolos da nosa identidade. Todo logrouse, e así segue sendo, a base de moito esforzo e dun inigualable espírito de sacrificio..

As obras dos emigrados foron, todas en beneficio da saúde, da educación, da cultura… Daquilo do que Galicia estaba verdaderamente necesitada. Agora, cando a emigración xa non é, por fortuna, unha sangría para o noso pobo, xorde esta meritoria iniciativa do Centro Galicia de Bos Aires, posteriormente apoiada e gestionada pola Fundación Galicia-América, para facer do Colexio arxentino-galego unha tanxible realidade.

Ante esta obra, exemplo da pervivencia de Galicia e da súa cultura na xenerosa e acogedora terra arxentina, na nosa quinta provincia galega que é Bos Aires, ao meu hónrame máis que nunca ser fillo de emigrantes, para seguirlles abrindo cantas portas e posibilidades sexan posibles a aqueles que de lonxe aman e soñan con Galicia.

Tense falado con acerto do gran milagre da galleguidad no mundo. Eu creo, que coa posta en marcha deste Colexio ” Santiago Apóstolo”, onde os fillos e netos dos nosos emigrantes poderán achegarse á lingua e á cultura dos seus pais e avós, estamos contribuíndo todos a ese gran milagre

Á vista de todos está outro gran logro da Galicia emigrada. Non inauguramos un edificio máis, un centro educativo máis ou menos funcional e moderno, inauguramos un proxecto para a continuidade. Aseguramos con el a presenza de Galicia nas queridas terras do Prata e subimos un chanzo máis cara á nosa autoidentificación.

Todos sabemos que aínda queda moito por facer. Pola miña banda asumín un novo compromiso que conta co voso respaldo, nel poñerei todo o meu empeño, que non é outro que levar a Galicia ata o lugar que lle corresponde. Conto moi especialmente para esta nova andadura con todos os galegos, cos de dentro e cos irmáns de fóra.

Estamos no bo camiño, no momento de darlle cimera entre todos, temos a obrigación de facer unha soa Galicia: a nova Galicia do século XXI. Conseguirémolo na medida en que saibamos unirnos con orgullo e con grandeza para levar a cabo obras que perduren; como ese Colexio ” Santiago Apóstolo” no que tantas ilusións están depositadas.

 

MANUEL FRAGA IRIBARNE

Presidente dá Xunta de Galicia