Nivel Secundario: “Prevención nas Redes Sociais e Medios Tecnolóxicos”

5

O pasado venres, 22 de abril, o noso alumnado de 1.eiro e 4.º cursos asistiu a unha charla titulada “Prevención nas Redes Sociais e Medios Tecnolóxicos”, temática que volveron impartir o luns, día 25, –neste caso, aos mozos e mozas de 1.eiro e 3.º– os axentes do Ministerio de Seguridade da Cidade Atuónoma de Bos Aires.

Nas devanditas presentacións, entre outros aspectos, falouse da necesaria diferenciación entre perfís públicos e privados, do bullying e do cyberbullying, do grooming e dos coidados que deben estar sempre presentes cando navegamos pola Internet.

Galería de fotos