Nivel secundario: Antártida Educa

Grazas á xentileza de Francisco Bernal e Natalia López, o alumnado maior do nivel Secundario –tal e como fixeron os mozos e mozas de 6.º e 7.º cursos do nivel Primario hai unha semana– puido coñecer o proxecto que desenvolve a Consellería de Educación da Embaixada de España en Arxentina “Antártida Educa vai ao cole”.
Esta iniciativa, froito dun exemplo de cooperación entre autoridades internacionais, é a primeira de carácter educativo en castelán sobre a Antártida e o seu obxectivo céntrase en contribuír no coñecemento e conservación do sitio máis virxe e inhóspito do noso planeta.
Máis información: www.antartidaeduca.com
