Luar na Lubre no Santiago Apóstol

Bieito Romero e Patxi Bermúdez, integrantes do grupo Luar na Lubre, visitaron o noso colexio na mañá de hoxe.

Logo do fantástico concerto ofrecido no día de onte na Usina del Arte e grazas ás xestións desenvolvidas polo secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, o líder e fundador da excelsa agrupación folk galega dialogou co alumnado maior da institución que o agardaba expectante. Asemade, recibiu o agarimo de todos os mozos e mozas que lle interpretaron un ensamble musical dirixido pola profesora Julia Faletty baseado en temas do seu propio grupo.

Ademais do anterior, Bieito e Patxi mantiveron un encontro cos membros da Delegación arxentina da Fundación Galicia América no que coñeceron a realidade institucional e interiorizáronse do traballo que o centro educativo leva adiante.

Antes de marchar para Uruguai, onde teñen programado outro concerto, asinaron o libro de ouro institucional.

MÁIS FOTOS AQUÍ

Galería de fotos