XUÑO. Ciclo Mestre Mateo: “Welcome to ma maison”

1920×1080 px

O sábado 25 de xuño, ás 18 horas, proxectarase na Sala Valle Inclán do Centro Galicia de Buenos Aires: “Welcome to ma maison”.

Finalista a Mellor documental do premios Mestre Mateo.

Sinopse:

Igor NON quere atracar unha xoiería.

Igor NON está obsesionado coas mans.

Igor NON é fan do director Nicolas Winding Refn.

Igor NON viste xerseis de nadal. Igor NON é Igor (e isto NON é un falso documental), é unha longametraxe que inicia unha viaxe a Los Ángeles para coñecer ao director Nicolas Winding Refn e, ó non atopar o seu rumbo, camiña cara o interior do seu protagonista percorrendo a difusa liña entre o actor, a persoa e o personaxe.

Un documental experimental construído con imaxes reais, sentimentos sinceros e problemas verdadeiros. Un falso documental, rodado a modo de making of, onde todo o que se mostra é 100% real.

A Academia Galega audiovisual co apoio da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a colaboración do Instituto Santiago Apóstolo.

Agardámosvos!

Galería de fotos