José Edelstein no Santiago Apóstol

O noso instituto tivo a honra de recibir a José Edelstein, profesor de Física Teórica no Departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela, quen –ademais de coñecer o funcionamento do noso centro educativo– tivo a amabilidade de impartir unha conferencia ao alumnado do nivel Secundario.

Durante a charla, titulada “El discreto oleaje del cosmos”, o profesor mantivo a atención de todo o auditorio durante 1 hora e media nunha viaxe científica para non esquecer. Achegou interesantes conceptos sobre a relación espazo-tempo, as teorías de campos cuánticos, a teoría de cordas e, asemade, faloulles aos mozos e mozas do científico Stephen Hawking, con quen mantiña un importante vínculo persoal. Mostroulles fotografías da visita que realizou no ano 2008 para recoller o premio Fonseca outorgado pola universidade compostelá e resumiu a súa personalidade nunha frase: “Hawking era un home cunhas ganas de vivir enormes”.

Moitas foron as mensaxes e as aprendizaxes, todas valoradas positivamente polo alumnado que xa demanda un novo encontro co profesor. Moitas reflexións e pensamentos para analizar.

Grazas, José, por toda a túa xentileza e xenerosidade connosco.

Galería de fotos