Inicial Día do neno 2018

“Entre os meus desexos e agasallos para garantirche unha infancia feliz atópase necesariamente a imaxinación, pois só ela permitirá que cada día das nosas vidas innovemos e nos reinventemos. A crear novos mundos, a arrebatar soños e a loitar polo imposible!”.
Ao longo da semana festexamos o día do neno. A escola converteuse nun espazo lúdico con distintas propostas para que os nenos explorasen libremente e elixisen a actividade que máis lles gusta. Tamén realizamos unha xornada de cine e baile de disfraces cos máis pequenos.