Henrique Alvarellos
Recibimos no noso instituto a Henrique Alvarellos, director da Editorial Alvarellos; a Laura Rodríguez, directora de Hércules Edicións e a Silvia Bello, secretaria técnica da Asociación Galega de Editoras.
No encontro que mantiveron co alumnado do nivel secundario explicaron o funcionamento dunha editorial, as razóns que motivan os seus esforzos e os obxectivos que persegue.
Ademais, responderon diferentes preguntas do auditorio, debullaron o panorama actual da edición en Galicia e Silvia Bello achegou o labor que desenvolve a Asociación Galega de Editoras, entidade que congrega o 90% da produción editorial de Galicia.
Posteriormente, logo de realizar unha entrevista para o Obradoiro de Radio e TV do colexio, percorreron o centro educativo, visitaron algunhas aulas, saudaron a parte do alumnado dos niveis inicial e primario e coñeceron as liñas xerais de traballo que o centro educativo ten.
Antes de partir, mantiveron un encontro con Manuel Peleteiro Pérez e Arturo Pérez Domínguez, vicepresidente e tesoureiro, respectivamente, da Fundación Galicia América.