FILBA 2024
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia estará presente un ano máis na Feira Internacional do Libro de Buenos Aires.
Os escritores Manel Loureiro e Luís González Tosar, a ilustradora Rebeca Varela “Perdivel” e a editora Luísa Ortigosa protagonizarán diferentes actividades no posto 1601 situado no Pavillón Amarelo do Predio da Rural.
Sirvan estas letras para agradecer á consellería a xentileza que tivo co noso alumnado ao regalar entradas para que os mozos e mozas maiores poidan acceder a tan importante evento.