Feira Internacional do Libro de Buenos Aires

Screenshot_20230506-161316_2

Onte, no posto que a Xunta de Galicia instalou no Predio da Rural con gallo da Feira Internacional do Libro de Buenos Aires, Camila Consolani Neschenko, Maite Mercado Rossi, Nicolás Basovnik Romero, Luca Posatini Saez e Nicolás Sousa Ledesma –convidados/as pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia– representaron ao noso instituto impartindo unha charla na que realizaron un pequeno percorrido a través da historia da literatura galega.
A cantiga medieval “Ai, madre o que me namorou” do trobador Pero da Ponte, a panxoliña de creación popular de 1637 “Deus nace galego”, o poema “A xustiza pola man” de Rosalía de Castro, o texto de Xosé Neira Vilas “Creo en ti” e a lectura de “A miña beleza sinala co dedo” de Yolanda Castaño, recentemente galardoada co Premio da Crítica de España, enmarcaron unha disertación na que, máis aló da interpretación dos textos, os/as protagonistas brindaron as súas impresións e explicaron ao público presente aspectos históricos e socioculturais de interese.
Galería de fotos