Feira do libro 2022

fdl

Onte finalizou a feira do libro que organizamos no noso colexio todos os anos para promover a lectura e a escritura en todo o noso estudantado. Recibimos a visita de ilustradores, escritores, narrradores, dinamizadores culturais e o alumnado puido gozar con diferentes espectáculos infantís e xuvenís.

Pechamos este importante evento coa entrega dos premios do XI concurso de conto e poesía en castelán e galego que contou nesta ocasión con mais de 120 participantes.

Parabéns ao alumnado polo seu compromiso e entusiasmo nas diferentes propostas!

Video AQUÍ

Galería de fotos