Falecemento de Xosé Neira Vilas
O Instituto Santiago Apóstol recibe con fonda tristura a nova que dá conta do pasamento do escritor Xosé Neira Vilas, firme defensor do noso traballo e xeneroso amigo que sempre estivo ao noso carón, malia a distancia física que separan as dúas beiras do Océano Atlántico, para apoiar cantas iniciativas levamos adiante.
En abril do ano 2011 tivemos a honra de recibilo virtualmente nas nosas instalacións a través dunha videoconferencia na que o alumnado dialogou con el e aprendeu unha inmorredoira lección transmitida dende a grandeza silandeira do humilde.
Rescatamos da páxina da Editorial Galaxia aquel momento e compartímolo con todos vostedes co fondo sentimento de gratitude para don Xosé, deixando constancia que a súa pegada estará connosco sempre e que dende esta institución seremos fieis testemuñas da súa lección e seguiremos a construír Galicia alén de límites xeográficos intranscendentes para un pobo universal.
Grazas.
http://www.editorialgalaxia.com/weblog/?p=10360
http://www.editorialgalaxia.com/weblog/?p=10364
Máis información: