TODOS LOS NIVELES: DÍA DE GALICIA 2019

Descripción

Mércores, 17 de xullo. Acto institucional conmemorativo do Día de Galicia.

Dentro das actividades que o alumnado do Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol desenvolve ao longo de todo o ano en prol da aprendizaxe, valoración e espallamento do Patrimonio Cultural galego, o vindeiro mércores, día 17, rapaces e rapazas renderanlle unha homenaxe á Cultura Galega. Será esta a 1.eira parte dun evento que terá continuidade no mes de agosto (probablemente, o día 30) cunha obra de teatro musical.

Invitámolos a que compartan connosco as diferentes actuacións preparadas, as cales se desenvolverán no Salón Valle Inclán do Centro Galicia de Bos Aires e estarán abertas a todo o público. (A entrada efectuarase polo acceso principal do instituto [Paso, 51]).

A primeira función, para o nivel Primario (4.º, 5.º, 6.º e 7.º cursos) e o nivel Secundario terá lugar ás 08:30 horas e a segunda (nivel Inicial e 1.º, 2.º e 3.º cursos de Primaria) ás 10:00 horas.

Agardando que nos poidan acompañar nesta data tan senlleira, reciban un afectuoso saúdo.