11/6, 11 hs. Sexta charla charla do ciclo “Universo peregrino: ciencia galega cara ao mundo”.
Descripción
Xabier Cid Vidal: “O CERN, entendendo a importancia dun dos maiores laboratorios científicos do mundo”.
Nos últimos anos o CERN, o laboratorio de física de partículas máis importante do mundo, tense convertido en protagonista de moitas novas, sobre todo, relacionadas co Gran Colisor de Hadróns (LHC), o maior acelerador de partículas da historia. Explicaremos a relevancia do laboratorio, para así entender como a detección de partículas minúsculas require máquinas tan grandes e poderosas.
“Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo” é un ciclo de charlas divulgativas online organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías IGFAE da Universidade USC para a comunidade galegofalante internacional. Este ciclo conta co apoio, a participación e difusión do Instituto.
En momentos de illamento no que os peregrinos non poden vir a Santiago, a cidade Xacobea é a que reconstrúe as pontes e emprende a peregrinaxe cara ao mundo. Podes seguila en directo.
Acceder a través da canle de YouTube do IGFAE ou conecta con esta charla e mira as charlas anteriores en bit-ly/universoperegrino11xuño
Info completa: igfae.usc.es