Entrega de plumas de escritura en primeiro grao

IMG-20221118-WA0051

Buscando pegadas de animais mediante un xogo, o alumnado de primeiro grao tratou de atopar un prezado ben agochado co obxectivo de entregar ao mono da selva a banana dourada e obter a prezada caixa do tesouro.

No devandito colector atopábanse as plumas que, con moita emoción e alegría, foron entregadas xunto ás familias a cada mozo e moza para que poidan comezar a escribir con tinta nos seus cadernos.

Galería de fotos