Encontro da Comunidade Educativa do Instituto Santiago Apóstol
O pasado sábado, día 21 de novembro, a comunidade educativa do noso instituto desenvolveu a tradicional xuntanza anual na que familias, docentes e alumnado compartimos unha xornada de encontro antes de finalizar o ano lectivo.
O Instituto Santiago Apóstol cre firmemente na importancia do vínculo comunitario como alicerce de mellora institucional; a confianza, o diálogo permanente e a análiseconstrutiva e respectuosa han de estar sempre presentes no quefacer cotián.Somos vértices dun triángulo inseparable; familia, escola e mocidade han de traballar man con man na procura dunha formación integral na que a concordia e os principios humanísticos sexan valores innegociables.
Por todo isto, agradecemos fondamente a participación das familias que non quixeron perderse o evento e emprazámolos/as a todos/as para a xuntanza 2016 que será anunciada a comezos do próximo curso.
Desexamos, asemade, transmitir a nosa gratitude ao Centro Galicia de Bos Aires, que unha vez máis cedeu as fermosas instalacións de Olivos e puxo á nosa disposición o novo salón multiusos para comodidade de todos os concorrentes.