¡Comezaron as clases!

20200302_081629-min

Nun clima de alegría e máxima expectativa, o alumnado do nivel primario e os nenos e nenas das salas de 4 e 5 anos principiaron hoxe un novo ciclo lectivo no Instituto Santiago Apóstolo; curso este que se presenta cheo de novas propostas e iniciativas a prol do afianzamento do noso proxecto pedagóxico.

 

 

 

Logo de entoar os himnos arxentino e galego e escoitar a melodía do himno de España, a profesora Julieta D´Angiolillo, directora dos niveis inicial e primario, saudou os alumnos e alumnas salientando que “son a alma do noso colexio, a forza que nos move e a razón principal do noso quefacer docente”.

 

 

 

Engadiu: “Un novo ano escolar é unha nova oportunidade para crer como individuos e como comunidade, sempre coa esperanza de lograr os obxectivos e metas propostos. Cremos nunha formación non só centrada nas aprendizaxes académicas, senón moi especialmente na tarefa de afianzar a transmisión de valores e principios éticos e humanos”. Asemade, a directora saudou tamén aos profesores e profesoras instándoos a que “non perdan de vista o obxectivo do noso labor. Educar é unha tarefa que require talentos especiais, pois debemos ofrecer todo o noso amor por igual aos nenos e nenas, mais dun xeito diferente, pois cada alumno debe ser entendido como individuo único”.

Posteriormente, izouse a bandeira arxentina e o alumnado iniciou o traballo acompañado nun primeiro momento polas familias que puideron acceder ás aulas durante o inicio da xornada.

Inclusión, equidade e calidade son principios fundamentais na educación do século XXI e, para isto, a escola – dentro dun clima de respecto e cooperación– debe ser capaz de transformarse e refugar estruturas vetustas na procura dunha metodoloxía e obxectivos integrais acordes ás novas esixencias.

+ FOTOS AQUÍ

Galería de fotos