ECOLOXÍA: Proxectos 2017 no nivel Primario

Logo do nomeamento que recibiu o noso instituto como Escola Verde 2016, o nivel Primario realiza en forma continua proxectos relacionados coa sensibilización de alumnado, docentes e familias coa temática. Deste xeito, a reciclaxe de materiais descartables, a nova utilización de elementos para fins útiles ou a produción de elementos orgánicos para fomentar a conciencia ambiental, son algunhas das tarefas emprendidas.

1.º grao traballou dentro do seu deseño curricular sobre distintos materiais marcando a diferenza entre materiais reciclables e non reciclables. Como expresión práctica, os nenos e nenas construíron elementos útiles reciclando materiais de refugallo; por exemplo, botellas plásticas, cartón e papel.

En 2.º grao, empregando materiais que se conservan sen uso nos fogares, reciclaron “botellas pet” de auga e de gasosa e convertéronas nunhas “botellas máxicas” para promover coa súa manipulación a relaxación dos nenos e nenas. Do mesmo xeito, na área de Matemáticas crearon un supermercado dándolles nova vida a envases descartables como bolsas de leite e caixas. Asemade, para o 20 de xuño, realizouse unha bandeira Arxentina co uso de papeis reciclados e iniciouse o proxecto anual –en conxunto con 6.º grao– dunha horta escolar na planta baixa do edificio, empregando tamén materiais reciclados e colectores que utilizan materiais non contaminantes en contacto coa terra.

3.º grao deulles nova vida ás botellas que empregaron para confeccionar portaobxectos.

4.º grao reciclou sobrantes de tea, papel de xornal e botellas para a confección de macetas.

5.º grao realizou un traballo de investigación para descubrir a cantidade de lixo que se xera na nosa cidade e o efecto das correntes de auga na acumulación de refugallos nocivos para a vida. Logo da análise dos datos, o alumnado confeccionou unha lista que contempla o tempo de degradación dos diferentes materiais no ambiente natural e recompilou información da cantidade de árbores necesarias para a fabricación de 100 quilogramos de papel branco.

Posteriormente, a partir destas conclusións, os rapaces e rapazas elaboraron papel reciclado comparando o traballo co proceso industrial que permite a súa obtención. Por último, fabricáronse caixas colectoras para recoller papel en desuso, aplicando criterios de selección e separando papel branco, papel de xornal e papel de cores. Tamén, dentro da área de Tecnoloxía, construíronse bancos reciclando e compactando botellas descartables.

Este proxecto de reciclaxe de papel finalizará cunha mostra aberta ás familias e a toda a comunidade educativa.

6.º grao, empregando materiais reciclados, realizou unha maqueta a gran escala que representa os distintos relevos do noso país e traballou –xunto con 2.º grao– no proxecto de horta orgánica e así analizar periodicamente a xerminación das sementes entregadas pola Dirección de Escolas do Ministerio de Educación da Cidade de Bos Aires, a investigación sobre o sementado e coidado das sementes, a elaboración de fichas técnicas de cada especie e a programación do tempo de colleita dos produtos orgánicos da terra.

Como peche, o proxecto de traballo contemplou unha exposición oral destes temas impartida polo alumnado de 6.º cara aos nenos e nenas de 2.º grao.

En 7.º grao, empregando material de refugallo como cartón e teas de distintas texturas, realizouse unha caixa de recordos.

O proxecto institucional de Ecoloxía implica e vincula a todos os niveis da institución, xera acotío accións de docentes e de alumnos e alumnas e provoca o espertar da conciencia verde a través de expresións artísticas como carteis publicitarios e audiovisuais.

Galería de fotos