Día da Diversidade Cultural
O mércores, 18 de outubro, desenvolveuse o acto polo Día da Diversidade Cultural, que protagonizou cuarto curso de secundaria coa coordinación do profesor Joaquin Streger.
Nesta ocasión o alumnado preparou telexornal no que se ían sucedendo diferentes escenas que mostraban distintas maneiras de discriminación.
A mensaxe dos mozos e das mozas falou sobre prexuízos e exclusións por cuestións étnico-raciais, de xénero, clase social, idade e/ou discapacidade que continúan estando presentes na nosa sociedade e que moitas veces dámolas por obvias, “naturais” ou “non tan graves”.
Parabéns aos e ás estudantes polo compromiso e o traballo en equipo.