Conferencia no marco do XI congreso da AIEG
Dentro do XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, as nosas instalacións albergaron a conferencia “Asociacionismo étnico e identidade” que, coordinada polo xerente do Consello da Cultura Galega, Marcelino Fernández Santiago, contou coas intervencións de Alejandro Fernández, da Universidad Nacional de Luján; de María Liliana Da Orden, da Universidad de Mar del Plata, e de Carlos Zubillaga, da Universidad de la República de Uruguai.
As interesantes alocucións concitaron un grande interese no numeroso público asistente que seguiu as palabras dos oradores con sumo interese.