Conferencia de Xavier Alcalá
O escritor Xavier Alcalá volveu vernos para falar co alumnado do nivel Secundario do instituto.
Desta volta, na súa faceta de enxeñeiro en Telecomunicacións, o prolífico autor achegoulle ao alumnado a importancia que no día de hoxe están a ter as enerxías renovables. Xeradores eólicos, células fotovoltaicas, pintura fotoeléctrica… Múltiples xeitos innovadores de produción de enerxía que nun futuro próximo serán comúns na vida cotiá estiveron presentes na súa alocución repleta de mensaxes ecolóxicas.
Deixámoslles unha ligazón á nova que publicamos no blog que o noso centro ten na edición dixital do xornal La Voz de Galicia.