Conferencia de Luís G. Tosar, Armando Requeixo e Xabier Castro
“Francisco Luís Bernárdez, poeta de fe leal a Galicia” é o título do libro que presentaron diante do alumnado do nivel Secundario os escritores Luís G. Tosar, Armando Requeixo e Xabier Castro.
Ademais de achegar múltiples curiosidades da vida e obra do autor arxentino – galego, explicaron as dificultades que tiveron á hora de realizar a obra e transmitiron a importancia que para a cultura galega, e tamén arxentina, tivo esta figura, aínda hoxe inxustamente descoñecida por moitos.