Carlos Brandeiro, membro correspondente da Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) acaba de aprobar o nomeamento do director xeral do Instituto Santiago Apóstolo, Carlos Brandeiro, como novo académico correspondente.
“Este recoñecemento pretende fortalecer a súa rede de embaixadores no exterior cun referente entre as novas xeracións”, destaca a Academia nun comunicado oficial.