Campamento en Necochea
Principiando o mes de outubro realizamos o campamento do nivel secundario na cidade de Necochea, provincia de Buenos Aires.
Durante 4 días, o alumnado desenvolveu diferentes actividades lúdico-deportivas; entre outras, a práctica de sandboard, o achegamento ao Museo Hidrobiolóxico, a visita ao Monumento de Caídos en Malvinas, navegación en kaiak, palestra, tirolesa de aventura e paseos en lancha, máis aló dunha fermosa festa de benvida.
De noite percorreron a fraga e a praia, gozaron dunha velada na que xogaron a “El buchón” e cantaron cancións nun ambiente protagonizado polo compañeirismo e a cordialidade.
Agradecémoslles a Renato, Guadalupe, Fabrizio, Jésica e Ailín, profesorado de Educación Física; e a Sebastián e Rocío, docentes acompañantes, o seu traballo e compromiso.