Campamento do nivel secundario

IMG_3939

Os últimos días de outubro realizamos o campamento do nivel secundario en Campo Aventura, predio situado en Baradero, provincia de Bos Aires.

Durante as 3 intensas xornadas que durou a estadía no lugar, os mozos e mozas desenvolveron actividades variadas que lles permitiron pór a proba as súas destrezas individuais e afondar no traballo cooperativo. Grazas á orientación de profesores especializados nas diferentes disciplinas, o alumnado practicou tirolesa, escalada e tiro con arco. Asemade, a rapazada desenvolveu xogos en grupos de deportes adaptados, carreiras de relevos e –grazas á boa climatoloxía– entretemento con auga na barranca de 25 metros.

A camaradería presidiu todo momento, tanto á hora de colaborar coas tarefas culinarias na cociña e no comedor coma no momento de realizar xogos nocturnos (baile de disfraces, fogón, roda de chistes e cancións).

Galería de fotos