Colegio Santiago Apostol
  • glGalego
  • esEspañol
Search
  • Home
  • Institucional
    • Ideario
    • Historia
    • Obxetivos Institucionais
    • Uniforme Escolar
  • Académico
    • Inscripción
      • Nivel Secundario
    • Inicial
      • Sala de 2 Anos
      • Sala de 3 Anos
      • Sala de 4 Años
      • Sala de 5 Años
      • Inglés
      • Música
      • Educacion Física
    • Primaria
      • Primeiro Ciclo
      • Segundo Ciclo
      • Inglés
      • Música
      • Plástica
      • Tecnología
      • Educación Física
    • Secundaria
      • Exámenes Internacionales
      • Plan de Estudios
      • Propuesta Educativa
  • Calendari
  • Comunidad
  • Contacto

Campamento de 4° e 5° grao

1666950249293
Nov01

O alumnado de 4.º e 5.º grao gozou do seu primeiro campamento coa escola.

Dous días de experiencias novas e moita diversión en Ezeiza.

Video aquí: https://bit.ly/3DQ1t6d

 

Galería de fotos

#
Dec 12
5° curso regresou ao laboratorio

O alumnado de 5.º curso regresou ao laboratorio para pór en práctica as normas de seguridade e pechar, deste xeito, o proxecto centrado no bloque do universo. Nesta ocasión...

#
Dec 05
Campamento do 3eiro. grao

O derradeiro campamento do ano 2022 tivo como protagonistas aos rapaces e rapazas de 3.eiro grao. Por vez primeira compartiron a experiencia de convivir dous días cos seus compañeiros...

Novedades

Mércores 7 de Decembro

Salas de 2 e 3 anos na Usina del arte

As salas de 2 e 3 anos da nosa institución visitaron a Usina del Arte. Un espazo para a primeira infancia que permite xogar, explorar, imaxinar, sorprenderse e gozar. Grazas familias pola confianza que nos brindan!. Video AQUÍ

Xoves 2 de Marzo

Sabela Hermida no Instituto Santiago Apóstol

Aproveitando unha viaxe de lecer á Arxentina, a prestixiosa actriz e escritora galega Sabela Hermida quixo xentilmente achegarse ao noso colexio para compartir uns momentos co alumnado maior da institución. Na charla que desenvolveu perante os mozos e mozas de cuarto e quinto de bacharelato afondou na figura da actriz María Casares, galega ilustre exilada en Francia que levou o nome de Galicia polos máis importantes teatros do mundo reivindicando sempre a liberdade, a independencia e a democracia para o seu país de orixe. Sabela –licenciada en Filosofía na Universidade de Granada e doutora en Artes Escénicas coa tese “Desarrollo artístico de María Casares dentro del marco existencialista francés”– realizou neste encontro dinámico e atrapante un percorrido por diferentes etapas da vida da xenial artista e resaltou, entre outros, o seu papel de muller comprometida. Logo da conferencia, Sabela puido coñecer a liña pedagóxica do Instituto Santiago Apóstol, percorrer parte das instalacións e dialogar co equipo directivo institucional.

Luns 12 de Decembro

5° curso regresou ao laboratorio

O alumnado de 5.º curso regresou ao laboratorio para pór en práctica as normas de seguridade e pechar, deste xeito, o proxecto centrado no bloque do universo. Nesta ocasión seguiron os procedementos precisos para construír “Anacos de universos en frascos”. Traballaron con algodón, témperas, brillantina, estrelas, bólas de líquido, abelorios, auga e moitísima paciencia e coidado. Fermosa e divertida experiencia! Video AQUÍ

Martes 15 de Novembro

Encontro a distancia sobre Castelao

Hoxe pola mañá o noso instituto participou dun encontro no que participaron ademais o Instituto Félix Muriel de Rianxo (A Coruña) e o Instituto Mariano Moreno de Bernasconi (provincia da Pampa). En representación do noso colexio, Malena Figueira Insaurralde, Luca Posatini Sáez, Lola Sánchez e Natalia Pulleiro Núñez expresaron no encontro o seu parecer acerca de diferentes temáticas que tiveron como eixe central a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Máis aló do alumnado presente, na conexión a distancia coordinada polo documentalista e cineasta Xan Leira, interviron o señor secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, don Valentín García Gómez, e Miguel Kittler e Adolfo Muíños, alcaldes de Bernasconi e Rianxo, respectivamente. Agradecemos aos organizadores que desexasen contar coa nosa presenza en tan importante iniciativa.

Luns 26 de Novembro

Luar na Lubre no Santiago Apóstol

Bieito Romero e Patxi Bermúdez, integrantes do grupo Luar na Lubre, visitaron o noso colexio na mañá de hoxe. Logo do fantástico concerto ofrecido no día de onte na Usina del Arte e grazas ás xestións desenvolvidas polo secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, o líder e fundador da excelsa agrupación folk galega dialogou co alumnado maior da institución que o agardaba expectante. Asemade, recibiu o agarimo de todos os mozos e mozas que lle interpretaron un ensamble musical dirixido pola profesora Julia Faletty baseado en temas do seu propio grupo. Ademais do anterior, Bieito e Patxi mantiveron un encontro cos membros da Delegación arxentina da Fundación Galicia América no que coñeceron a realidade institucional e interiorizáronse do traballo que o centro educativo leva adiante. Antes de marchar para Uruguai, onde teñen programado outro concerto, asinaron o libro de ouro institucional. MÁIS FOTOS AQUÍ

Facebook Pagelike Widget
Seguinos en Twitter@apostol_ok Seguinos en Instagram@santiagoapostolok
2016PREMIO LOITEMOS POLA VIDA 20162016“Escuelas Verdes”. Lazo ambiental I2013Premio Setecarballas2013Medalla Mayor de la Hispanidad2013Premio da Cultura Galega2005Medalla Galicia
Previous Next

Paso 51 (entre Av. Rivadavia y Bartolomé Mitre). CABA.

4954-6637 / 4953-8741 / 4953-4868

administracion@santiagoapostol.edu.ar


Seguinos:

Copyright ©2019 Instituto Argentino Gallego Santiago Apostol
All rights reserved.
Ver Ley N°2.681