Ave Emblema da Cidade de Bos Aires
No marco do programa Escolas Verdes do Ministerio de Educación do Goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires, participamos da votación que convocou o devandito organismo oficial para elixir a “Ave Emblema da Cidade de Bos Aires”.
O obxectivo do proxecto é promover o coidado da nosa biodiversidade a través de instancias que alenten a participación cidadá e, asemade, implementar prácticas e accións de Educación Ambiental nas escolas da cidade para que os/as estudantes identifiquen e coñezan as aves nativas da Arxentina. Todo o alumnado do nivel secundario participou da selección xunto ao profesorado de Bioloxía e Ciencias Sociais.
Para levar adiante o traballo, máis aló de empregaren o material enviado polo Ministerio de Educación, os mozos e mozas coñeceron e identificaron as 14 aves propostas a través dos seus cantos e 2.º e 4.º curso concorreron á Praza Primero de Mayo (H. Irigoyen, 2200) co fin de realizar unha avistaxe de aves e dos seus respectivos niños.
Grazas á orientación e á información brindada polo gardaparque do lugar, puideron completar o traballo de campo nun espazo verde envexable.
A ave máis votada polo noso alumnado foi o BENTEVEO