Auga, árbore e poesía na Insua dos Poetas

Lugar: Insua dos Poetas (A Esgueva, Madarnás, O Carballiño, Ourense)
Día: Luns, 23 de marzo de 2015
Hora: 12:30 horas
Organiza: Fundación Insua dos Poetas
Colaboran: Concello do Carballiño, Deputación de Ourense, Consellería de Cultura, Educación e Ord. Univ.
 
A Fundación “Insua dos Poetas” conmemorará tres efemérides o próximo 23 de marzo, equinoccio de primavera, coa colaboración do Concello do Carballiño, a Deputación de Ourense e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:
Día da Auga, proposto pola Conferencia da ONU para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento en Rio de Janeiro, en 1992, e adoptado pola Asemblea Xeral, o 22 de decembro do mesmo ano, no que se recoñece a auga potable e o saneamento básico como un dereito esencial para o desfrute da vida e de todos os dereitos humanos.
Día da Árbore -tamén chamado Día Forestal Mundial-, recomendado polo Congreso Forestal celebrado en Roma en 1969 e aceptado pola FAO (Organización da ONU para a Agricultura e a Alimentación), en 1971, como recoñecemento aos múltiples servizos que prestan as árbores á vida e á actividade humana, ademais do simbolismo que representan nas diferentes culturas.
Día da Poesía, efeméride adoptada durante a 30ª Reunión da UNESCO, celebrada en París en 1999 e que se ven celebrando desde o 2000 en todo o mundo co obxectivo de contribuir á defensa de todas as linguas do mundo a través da expresión poética, denunciando, asimesmo, as privacións da liberdade de expresión.
Simbólicamente a poesía, palabra esencial no tempo, ten sido representada pola auga, o fluir da vida, e pola árbore, concretamente o loureiro e a oliveira, cun significado, xa desde os tempos máis antigos, de gloria e de paz. Polo tanto, a Fundación “Insua dos Poetas” escolle, neste 2015, unha data común para a celebración.
A Fundación “Insua dos Poetas”, declarada de Interese Galego e inscrita no Rexistro de Fundacións, sección da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, o 7 de marzo de 2013 (DOGA nº 54), ten como fins a promoción e o fomento da lingua e da cultura galegas, a defensa do medio natural e o diálogo entre natureza, artes plásticas e literatura. Polo tanto, a celebración da Auga, da Árbore e da Poesía, cada 21 de marzo, terá como destinatarios ás xeracións máis novas, representadas polas alumnas e alumnos dos Centros de Ensino do Carballiño. A elas e a eles está destinada esta actividade e eles e elas serán os seus protagonistas.
 
 
DESENVOLVEMENTO DO ACTO
23 de marzo 2015
Insua dos Poetas
Esgueva-Madarnás-O Carballiño
(Estrada Carballiño-Lalín (OU-902), km 4,5)
 
12:30 horas.- Introdución a cargo de Xabier Castro Martínez (Secretario da Fundación), que procederá a dar lectura á declaración de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, no Día Mundial da Poesía.
12:35 horas.- Palabras de Luís González Tosar (Pte. Fund. Insua dos Poetas)
12:40 horas.- Intervención das alumnas e alumnos.
12:55 horas.- Palabras de Román Rodríguez (Conselleiro de Cultura, Ed. e Ord. Univ.)
13:00 horas.- Intervención de Manuel Baltar (Presidente da Deputación de Ourense)
13:05 horas.- Plantación de árbores a cargo dos escolares, escritores, artistas, etc
NOTA.- Os profesores dos centros escolares participantes, recibirán lotes de libros destinados ás bibliotecas.
Galería de fotos