Antonio García Teijeiro: “Que non vos rouben as palabras”

58876465_2226334877435394_2699895650052472832_o

Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura de España, visitou o noso colexio e mantivo un encontro co alumnado do nivel secundario.

Durante a conferencia que impartiu aos mozos e mozas, explicoulles a importancia da poesía no mundo actual, mostroulles a terrorífica imaxe que deixa a intolerancia e animounos a que configuren a súa vida en liberdade. “Que non vos rouben as palabras”, díxolles.

Posteriormente, o recoñecido escritor galego percorreu o centro de estudos e coñeceu polo miúdo o proxecto educativo que desenolvemos. Posteriormente, mantivo un encontro co presidente da Delegación arxentina da Fundación Galicia América e asinou no libro institucional de visitas.

Galería de fotos