Acto de inicio do Ciclo Lectivo 2011
Coa presenza do Sr. Presidente da Deputación Provincial da Coruña, Don Salvador Fernández Moreda, o Conselleiro de Traballo e Inmigración da Embaixada de España, Don Xullo Olmos, representantes da Fundación Galicia América, persoal directivo, administrativo, docente, familiares e alumnos, deuse a benvida a este novo Ciclo Lectivo.
O director do instituto, Lic. Christian Valencia compartiu cos presentes a “Carta dun neno aos seus pais”…, palabras de reflexión sobre a tarefa de educar en todo o seu significado.