Actividades do nivel Secundario na 43.ª edición da Feira Internacional do Libro de Bos Aires

O venres, 12 de maio, o alumnado do nivel Secundario foi invitado polas autoridades da Xunta de Galicia a participar das actividades programadas no posto 1799, emprazado no Pavillón Amarelo da Feira do Libro.
Ademais de percorrer a mostra, os alumnos presenciaron dúas conferencias, segundo o cronograma previsto:
-Presentación do libro de Andrea Maceiras “Europa Express”
-Presentación do libro “Maternosofía” de Inma López Silva
Durante os días previos, realizáronse numerosas actividades culturais e sociais dentro do colexio e fóra del, entre as que podemos destacar a visita do Sr. conselleiro de Cultura, Educación e O. U. da Xunta de Galicia, quen compartiu un cálido encontro con todo o nivel Secundario e visitou aulas dos niveis Inicial e Primario; a homenaxe a Rosalía de Castro que se realizou no Rosedal de Palermo con activa participación dos nosos alumnos e alumnas; o recoñecemento na Academia de Letras a Lucía Romero Percivatti Franco, alumna de 5.º ano polo accésit logrado na súa participación no concurso “Galicia entre nosotros” e numerosas conferencias de recoñecidos escritores do panorama literario galego.
Galería de fotos