Salas de 2 e 3 anos. ¡Benvidos ao primeiro día do nivel Inicial!

Na Praza do Cruceiro congregáronse familias e alumnado das salas de 2 e 3 anos do nivel Inicial do noso instituto para dar inicio ás actividades do ciclo lectivo 2018.
A coordinadora do nivel, Daniela Maldonado, dirixiuse aos pais presentes, deulles a benvida aos nenos e nenas que ingresaron na sala de 2 anos á comunidade educativa, presentou ás docentes a cargo e agradeceulles aos directivos a súa presenza durante o acto.
Tal e como fan cando principia cada xornada escolar, as salas asistiron ao izamento da bandeira arxentina e cantaron xuntos diferentes cancións.
Como peche ás actividades de inicio, os pais e nais da sala de 3 anos participaron xunto aos seus fillos nunha actividade programada no Salón de Hostalaría do Centro Galicia e as familias de 2 anos acompañaron os seus fillos e fillas nas súas aulas escolares.
Para ver as fotografías do evento, pica aquí
Vexa o vídeo 1 aquí
Vexa o vídeo 2 aquí