A portavoz do Bloque Nacionalista Galego visitou o noso instituto

Seoane

O pasado venres, Ana Pontón, portavoz do Bloque Nacionalista Galego, visitou o noso centro educativo, visitou algunhas aulas do nivel Inicial, dialogou cos nenos e nenas e saudou a parte do equipo docente da institución.

Posteriormente, acompañada por Ana Miranda, deputada no Parlamento Europeo, mantivo un encontro coa Delegación Arxentina da Fundación Galicia América. Nesta xuntanza coñeceu polo miúdo os proxectos educativos que desenvolve o Santiago Apóstolo e asinou no libro institucional de visitas.

A dirixente galega mostrouse compracida da liña de traballo que desenvolve o instituto e comprometeu o seu apoio para acompañar os proxectos vindeiros. Asemade, entregou para a biblioteca escolar cadanseu exemplar dos libros “O corvo sobre a neve” de Andrea Maceiras, “Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia” de Anaír e David Rodríguez e “O país invisible” de Arturo Lezcano.

Galería de fotos