Colegio Santiago Apostol
  • glGalego
  • esEspañol
Search
  • Home
  • Institucional
    • Ideario
    • Historia
    • Obxetivos Institucionais
    • Uniforme Escolar
  • Académico
    • Inscripción
      • Nivel Secundario
    • Inicial
      • Sala de 2 Anos
      • Sala de 3 Anos
      • Sala de 4 Años
      • Sala de 5 Años
      • Inglés
      • Música
      • Educacion Física
    • Primaria
      • Primeiro Ciclo
      • Segundo Ciclo
      • Inglés
      • Música
      • Plástica
      • Tecnología
      • Educación Física
    • Secundaria
      • Exámenes Internacionales
      • Plan de Estudios
      • Propuesta Educativa
  • Calendari
  • Comunidad
  • Contacto

Proxecto de arte: percorrendo Galicia

apostol
Ago24

As salas de 5 anos a través do “Proxecto de Arte” percorreron Galicia.

Parabéns; excelente traballo!

VIDEO 1 AQUÍ

VIDEO 2 AQUÍ

Galería de fotos

#
Abr 23
Proxecto: Venres Temáticos

Venres de tolemia e cor en Inicial e Primario! O noso proxecto de "Venres Temáticos" explotou con peiteados e accesorios súper creativos. A escola vibrou con diversión, baile, espírito...

#
Abr 06
Día de campo en Olivos

Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos do nivel Inicial viviron unha experiencia inesquecible no seu "Día de Campo" no Centro Galicia de Buenos Aires. Gozaron de xogos e actividades, creando...

Novedades

Mércores 23 de Abril

Proxecto: Venres Temáticos

Venres de tolemia e cor en Inicial e Primario! O noso proxecto de “Venres Temáticos” explotou con peiteados e accesorios súper creativos. A escola vibrou con diversión, baile, espírito de equipo e moitísima imaxinación! Un agradecemento especial ás familias, alumnos e alumnas que demostraron unha gran empatía e colaboración, axudando a quen o necesitaba. Xa estamos ansiosos polo próximo desafío temático en maio! Que ideas se lles ocorren para o próximo #VenresTemático? VIDEO AQUÍ

Martes 6 de Maio

Visita de Xavier Alcalá, Tamara Andrés e Ricardo Rozas

O noso centro tivo o privilexio de recibir hoxe a visita de destacados expoñentes do eido literario e editorial, nunha xornada dedicada ao fomento da lectura, a escrita e a reflexión sobre temas de actualidade. Durante a mañá, o alumnado de 3.º, 4.º e 5.º cursos do Ensino Secundario participou nun encontro de grande interese co recoñecido escritor Xavier Alcalá e o editor Ricardo Rozas, que explicaron o proceso creativo da obra literaria, tomando como exemplo a extensa produción do autor de “A nosa cinza”. A charla, centrada nos desafíos que expón a Intelixencia Artificial na sociedade contemporánea, abordou as enormes posibilidades que ofrece esta tecnoloxía, pero tamén se fixo fincapé na necesidade de aproximarse a ela con sensatez, criterio propio e independencia para aproveitar o seu potencial de forma ética e construtiva. Os estudantes tiveron a oportunidade de dialogar e expor as súas inquedanzas sobre o futuro marcado pola IA no eido creativo, laboral e persoal. Paralelamente, o alumnado de 6.º curso do Ensino Primario gozou dun enriquecedor obradoiro de poesía impartido por Tamara Andrés, destacada autora no panorama das letras galegas. A través de dinámicas participativas e exercicios creativos, os escolares exploraron a linguaxe poética, descubrindo como a….

Venres 11 de Abril

Entrega de Certificados de Cambridge 

O alumnado dos niveis Primario e Secundario recibiron os diplomas que acreditan que renderon os exames de Cambridge durante o ano pasado! Parabéns a todos e todas polo compromiso e excelente desempeño mostrado!   — Cambridge certificates award Students from primary and secondary school received their Young learners, B1 and B2 certificates from last year. Congratulations to all of them on their commitment and excellent performance! VIDEO AQUÍ

Luns 5 de Maio

O recoñecido intelectual galego Miguel Anxo Seixas visitou o noso instituto para impartir unha conferencia

Nunha xornada de profundo intercambio cultural e académico, o Instituto Santiago Apóstol tivo a honra de recibir a visita de Miguel Anxo Seixas, presidente da Fundación Castelao, quen ofreceu unha enriquecedora conferencia ao alumnado de nivel Secundario. Baixo o título “A defensa da identidade galega”, Miguel Anxo Seixas cativou os mozos e mozas cunha exposición que abordou temas fundamentais para a comprensión da cultura e a historia de Galicia. Durante a súa intervención, que foi introducida polas palabras de benvida da alumna Abigaíl Campos Calderón, exploráronse aspectos cruciais como a emigración galega e o seu impacto, a traxectoria histórica da lingua e literatura galegas, a evolución da cultura de Galicia ao longo do tempo, e a imperativa importancia de fomentar a intelixencia crítica e a individualidade de pensamento nas novas xeracións. A participación do alumnado foi notable, formulando interesantes e pertinentes preguntas que demostraron o seu compromiso e interese nas temáticas tratadas. O diálogo xerado propiciou un espazo de reflexión sobre a identidade, a historia e o papel da cultura no mundo contemporáneo. Como parte da súa visita, Miguel Anxo Seixas achegouse á Sala Castelao do Centro Galicia de Bos Aires, onde tivo a oportunidade de apreciar de preto a….

Venres 20 de Setembro

FEIRA DO LIBRO 2024

Grazas a quen fixo posible a nosa feira do libro! Foi un evento máxico cheo de historias e creatividade. Gozamos explorando novos mundos, compartindo con escritores, narradoras e actividades literarias. Cal é o teu libro favorito? Agardamos os seus comentarios!

Facebook Pagelike Widget
Seguinos en Twitter@apostol_ok Seguinos en Instagram@santiagoapostolok
2016PREMIO LOITEMOS POLA VIDA 20162016“Escuelas Verdes”. Lazo ambiental I2013Premio Setecarballas2013Medalla Mayor de la Hispanidad2013Premio da Cultura Galega2005Medalla Galicia
Previous Next

Paso 51 (entre Av. Rivadavia y Bartolomé Mitre). CABA.

4953-4864 / 4954-6637

administracion@santiagoapostol.edu.ar


Seguinos:

Copyright ©2019 Instituto Argentino Gallego Santiago Apostol
All rights reserved.
Ver Ley N°2.681