Día de Galicia no Instituto Santiago Apóstolo

20230712_105133

O alumnado do noso centro educativo, tal e como vén sendo tradicional, festexou o seu particular Día de Galicia con dúas presentacións que colmaron en ámbolos dous casos o Salón Valle Inclán.

Máis de 600 persoas –entre rapaces, rapazas e público– presenciaron diferentes actuacións musicais que entusiasmaron ao auditorio.

Ao longo do evento, que presentaron a alumna Lucila Vilariño e o alumno Valentino Bartolomeo Fraga, os grupos de bailes tradicionais da institución, o coro escolar e o conxunto de mozos e mozas que interpretaron e bailaron temas de Tanxugueiras e Carlos Núñez emocionaron á concorrencia e demostraron que a terra galega brilla entre a xuventude con nome propio nesta quinta provincia.

Máis aló do anterior, houbo tempo para recordar ao escritor Xabier P. Docampo, ilustre amigo desta casa, coa lectura que Nicolás Sousa realizou do seu texto “A patria é a palabra”.

Galería de fotos