Visita do cónsul xeral de España en Arxentina
Hoxe pola mañá visitou o noso instituto o señor cónsul xeral da Embaixada de España en Arxentina, don Fernando García Casas.
Máis aló de manter un encontro coa Delegación arxentina da Fundación Galicia América e o equipo directivo do colexio, o alto mandatario español percorreu o centro educativo, interesouse polo proxecto pedagóxico que desenvolvemos e saudou a diferente alumnado e profesorado de todos os niveis da institución.
O señor cónsul asinou o libro de visitas e no texto que redactou expresou a súa satisfacción ao poder visitar “este centro de excelencia educativa, un proxecto que vén de lonxe e ten un futuro prometedor diante d si”. Coa frase “Educar, educar, educar sempre” rubricou as súas palabras de apoio coa predisposición para acompañarnos en todo momento.
Grazas, don Fernando, pola súa xentileza.