Luisa Martínez Lorenzo
El venres 26 Luisa Martínez Lorenzo, responsable da Unidade de Cultura Científica da delegación de Galicia do Centro Superior de Investigacións Científicas de España, impartiu a conferencia “Ciencia que conta” perante o alumnado do nivel secundario.
Durante a súa exposición, os mozos e mozas puideron achegarse ao traballo que desenvolve a investigadora, coñecer o vínculo que a ciencia ten coa literatura e o traballo divulgador que realiza a científica entre a mocidade. Asemade, a doutora recomendoulles aos mozos e mozas que persigan os seus soños con intensidade e que procuren a aprendizaxe reflexiva, avaliando persoalmente os seus logros sen cinxirse a notas numéricas arbitrarias.
Logo de conceder unha entrevista ao Obradoiro de Radio e TV, percorreu as instalacións do colexio, saudou a docentes e directivos, mantivo un encontro coa Delegación arxentina da Fundación Galicia América e asinou no libro institucional de visitas.
Grazas á Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e ás xestións desenvolvidas por Cristina Rubal González, subdirectora de Bibliotecas do Goberno Galego, o noso alumnado está tomando contacto directo coas figuras intelectuais galegas que viñeron participar na 43.ª feria do libro.